Fondo cabecera Concello de Taboada

Saludo del Alcalde

Alcalde_237x80

Estimados veciños e veciñas,

Como alcalde de Taboada e en representación de toda a corporación municipal, é un gran pracer para min darvos a benvida ao noso concello a través desta páxina web, que pretende ser unha ferramenta útil para que nos coñezades máis e mellor.

É unha honra ser o alcalde de tódolos taboadeses e taboadesas, e ao mesmo tempo unha gran responsabilidade que asumín con toda a dedicación e ilusión que o cargo merece.< /p>

A nosa acción de goberno pasa por traballar a diario para reforzar e mellorar os servizos e infraestruturas públicas do noso concello, contribuíndo deste xeito a unha maior e mellor calidade de vida da nosa veciñanza. Asimesmo, tamén lle damos moita importancia ao eido social e ao turismo, sendo como somos a porta natural da Ribeira Sacra.

Non me quero despedir sen dirixirme tamén á xente que nos visita, sen dúbida descubriredes que somos un concello aberto, acolledor e hospitalario, que ten moitas cousas que ver. Queremos que esta páxina sirva para coñecer mellor a nosa historia, o noso patrimonio e os nosos recursos turísticos, ademais de avanzar cara unha administración dixital poñéndoa ao servizo da cidadanía.

Roi Rigueira Agromartín.

Alcalde de Taboada.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Taboada
Ayuntamiento de Taboada
Plaza General Muinelo N°1 – 27550 Taboada - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 465 301
E-mail: concello.taboada@eidolocal.es