Fondo cabecera Concello de Taboada

Saúdo do Alcalde

Alcalde de Taboada

No nome do Concello de Taboada e de todas as xentes desta terra, compráceme darvos a benvida a esta páxina taboadense e invitarvos a que nos visitedes físicamente.

Queremos que esta información sobre o noso concello, que a través da Rede pode chegar a todo o mundo, sexa unha Embaixada permanente e invitación a coñecernos mellor.

Somos unha terra antiga, á beira dunha vía moito máis que milenaria, afeita a ver chegar e pasar xentes, acolledora e cordial. As nosas xentes reciben ós visitantes como amigos, como irmáns. E estas portas que abrimos a través do máis moderno medio de comunicación queremos que sexan preludio dun coñecemento máis profundo, máis directo.

Este Concello ofrece paisaxes fermosos e inmensos, ríos e montanas, igrexas co máis fermoso románico, pazos señoriais lembranzas dun tempo de señoríos do que as pedras gardan memoria, productos da terra e coidada gastronomía, e xente acolledora que sabe que do coñecemento e da relación saen a amizade e o futuro.

Benvidos a esta Taboada en Internet, que sempre será pálido reflexo da Taboada real, na que agardamos podervos dar a benvida real e amistosa, a benvida de amigos que merecedes polo voso interese . Taboada agarda por vos.


Ramiro Moure Ansoar

Alcalde de Taboada

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Taboada
Concello de Taboada
Plaza General Muinelo N°1 – 27550 Taboada - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 465 301
E-mail: concello.taboada@eidolocal.es