Fondo cabecera Concello de Taboada

Demografía

Demografía
A partir da década dos cincuenta o despoboamento acentuouse, a densidade media é de menos de 40 hab/km2 parecida á media provincial e o crecemento vexetativo é negativo. Esta negativa evolución da poboación apréciase por exemplo nunha década: para 1981 había 6.072 habitantes e no 1991 4.854, o que supón un crecemento negativo do -20%, sendo a densidade media para 1991 de 31'8 hab/km2. A partir deste último ano parece que o municipio se recupera lixeiramente do descenso poboacional que o viña afectando. En total ten 206 entidades de poboación e 27 parroquias. A parroquia con menor poboación é Mourelle e a máis poboada Carballo onde sitúase a capital municipal, Taboada, que tamén posúe a maior densidade de poboación, mentres que a de menor densidade media é Xián.

Censo: 3.478 habitantes (2008 - Fonte: INE).
Densidade: 23,71 hab/km2 (2008 - Fonte: INE).

.

Enlaces Adicionales

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Taboada
Concello de Taboada
Plaza General Muinelo N°1 – 27550 Taboada - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 465 301
E-mail: concello.taboada@eidolocal.es