Fondo cabecera Concello de Taboada

Moreda, Sta. María de

Parroquia pertencente ao arciprestazgo de Insua e Taboada. Limita ao Norte con Bembibre e Couto; ao Sur con Gondulfe e Campo; ao Este con Carballo e ao Oeste con Frade e Gondulfe. No 1991 contaba con 140 habitantes distribuídos entre as entidades de Carreira, Miravá, Moíña, Mordadiz, Moreda de Abaixo, Moreda de Arriba, Penas, Ramil e Soaz, cunha densidade media de 32'5 hab/km2. A casa-torre de Moreda foi solar dos Camba e os Montenegro, ademais de situarse alí o cárcere xurisdicional no soto a finais do s. XIX, aínda se conservaba o cepo dos encadeados. Así mesmo, a igrexa parroquial é de orixe medieval.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Taboada
Concello de Taboada
Plaza General Muinelo N°1 – 27550 Taboada - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 465 301
E-mail: concello.taboada@eidolocal.es