Fondo cabecera Concello de Taboada

Actualidade

Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración Local 2016

Mediante Resolución do 03 de setembro de 2016 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración Local, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada pola Resolución do 10 de maio de 2016 (Diario Oficial de Galicia, núm 93, do 18 de maio), fóronlle concedidas ao Concello de Taboada as seguintes subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración Local 2016:

IN417P-16A537 RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR-FRADÉ con unha axuda concedida de 8.010 € e un investimento de 12.992,80 €.
IN417P-16A548 RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR-SOBRECEDO DE ARRIBA cunha axuda de 7.500 € e un investimento de 12.100 €.
IN417P-16A529 RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR-SANTA EULALIA cunha axuda de 7.875 € e un investimento de 12.705 €.

Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración Local 2016

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Taboada
Concello de Taboada
Plaza General Muinelo N°1 – 27550 Taboada - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 465 301
E-mail: concello.taboada@eidolocal.es