Actualidade
Proceso selectivo para contratación laboral temporal: Persoal de incendios
Proceso selectivo para contratación laboral temporal: 1 xefe de brigada, 1 peón condutor e 3 peóns, e 3 conductores de vehículo motobomba
O Concello de Taboada por Resolución de Alcaldía de data 04.07.2019 aprobou a convocatoria e bases para seleccionar a:
- 1 XEFE DE BRIGADA- Salario: 1.200,00 euros brutos ao mes, inclúe o rateo da paga extra.
- 1 PEÓN CONDUTOR Salario: 1.108,33 euros brutos ao mes, inclúe o rateo da paga extra.
- 3 PEÓNS Salario: 1.050,00 euros brutos ao mes, inclúe o rateo da paga extra.
- 3 CONDUCTORES DE VEHÍCULO MOTOBOMBA Salario: 1.108,33 euros brutos ao mes, inclúe o rateo da paga extra.
- Modalidade de contratación: contrato temporal por obra ou servizo determinado.
- Duración: 3 meses
- Xornada: completa.
- Funcións: as que lles son propias segundo se recolle nas bases.
- Prazo para presentación de solicitudes: 5 días hábiles a partir da publicación do presente anuncio no xornal La Voz de Galicia e no Taboleiro de anuncios do Concello de Taboada.
No caso de solicitudes por correo, rógase aviso por fax ao 982 46 50 89.